Página principalEl clubEquipo EBACanteraOtras competicionesEnlacesÁrea privada
Todas las noticiasBuscador de noticias Suscripción Encuestas
 
 
NOTICIAS CLUB
  Sarria acolleu a última xornada de traballo da selección galega cadete feminina  
 
 
 
A Selección Galega Cadete Feminina culminou na xornada de onte, en Sarria, a súa novena e derradeira concentración antes de reunirse de novo para poñer rumbo a Zaragoza e afrontar o Campionato de España (5 - 10 de xaneiro de 2010).

A presenza do combinado galego no Concello de Sarria enmárcase nun proxecto da Delegación Lucense da FGB para concentrar nesta provincia a todas as Seleccións Galegas que disputarán o Campionato de España. Neste caso foi posible realizar o traballo en Sarria grazas á colaboración por parte do seu Concello, representado polo seu Alcalde, Claudio Garrido, e polo Concelleiro de Deportes, Luis López. Así mesmo, o traballo dos dirixentes deste Concello permitiu a presenza, nesta mesma data das Seleccións Portuguesas U-15 e U-16.

Plan de traballo
O equipo que dirixe Javier Varela realizou, a partir das 09.30 h, no pavillón do Novo Chanto unha sesión de adestramento para posteriormente, pola tarde, disputar un triangular (con dous períodos de 10 minutos entre cada unha delas) as tres seleccións concentradas.
Por último, e aproveitando a ocasión, tras o traballo matinal do combinado galego realizouse un adestramento dirixido polos técnicos da Selección e orientado aos xogadores e xogadoras das Escolas Municipais de Sarria e a todos aqueles monitores e adestradores que desexaran intercambiar a súas impresións. Esta actividade tivo lugar no antigo pavillón do Chanto.

Agradecemento
A Federación Galega de Baloncesto, e en especial a súa Delegación en Lugo, queren agradecer ao Concello de Sarria a colaboración prestada para facer posible esta xornada de traballo da Selección Galega Cadete Feminina.

Este agradecemento, que a FGB fai extensivo a todos aqueles concellos e clubs galegos que colaboraron co traballo das diferentes seleccións, materiolizouse neste caso concreto coa entrega, o pasado día 23, dun agasallo simbólico por parte da Delegada da FGB en Lugo, Patricia Rico, aos representantes do Concello de Sarria e as Escolas Municipais: o alcalde de, Claudio Garrido; o concelleiro de Deportes, Luis Amadeo López; a coordinadora das escolas deportivas do C.B. Sarria, Maísa López.
 
Fecha:29/12/2009
Fuente:www.fegaba.com
 
TITULARES CLUB
La selección femenina ya está en tierras gallegas ...
La Selección Española entrenará en Sarria ...
Finaliza la II Edición del Campus Baloncesto no Camiño ...
Ha comenzado la segunda edición del Campus!!! ...
En Sarria, el triple se mete en inglés ...
Nemanja Jovanovic nuevo componente del Cuerpo Técnico del Campus ...
Últimas plazas en el Campus y Pablo Aguilar en los 15 de Scariolo ...
TORNEO DE BALONCESTO 3X3 “SAN XOAN 2.010” ...
Moncho Fernández y Diego Ocampo también estarán presentes en la II edición del Campus Baloncest ...
Pablo Aguilar en el Campus Baloncesto no Camiño ...
 
 
JANFER Seguridad Laboral