Torneo de Baloncesto 3x3 Noite Meiga Club Baloncesto Sarria Concello de Sarria Circuíto Galego 3x3 Streetball Torneo de Baloncesto 3x3 Noite Meiga

Para o bo funcionamento do torneo creamos as seguintes normas de inscrición, regulamento de xogo e política de privacidade e protección de datos que deberán ser aceptadas polos xogadores no momento da súa inscrición, polo que recomendamos a súa lectura previa.

Colaboradores Cervezas Ambar Cristo Galicia Panadería Pallares Tiro Libre SCQ

Normas de Inscrición


  1. 1. Para realizar a inscrición será necesario rexistrar o equipo xunto cos seus xogadores a través do formulario de inscrición habilitado a tal efecto.

  2. 2. O prazo para realizar o pago da cota é dende o xoves 10 de Agosto ata o xoves 24 de Agosto ás 14:00 horas.

  3. 3. A cota de inscrición será de 40,00 € en caso de facerse efectiva antes das 23:59 do venres 18 de Agosto. Pasará a ser de 50 € entre as 00:00 horas do sábado 19 de Agosto e o final do prazo de inscrición.

  4. 4. O pago da cota deberá de realizarse mediante ingreso na conta de Abanca: ES58 2080 5191 1830 4000 5618

  5. 5. No ingreso deberá quedar reflectido o nome do equipo e/ou o nome e apelidos do representante.

  6. 6. A inscrición non será válida e o equipo non poderá xogar se non se realiza o pago da cota dentro do prazo fixado, non podendo realizarse noutro momento.

  7. 7. Os equipos estarán formados por un mínimo de tres e un máximo de catro xogadores/as. A idade mínima esixida para participar como xogador/a no torneo é de 15 anos e na categoría masculina permítense equipos mixtos.

  8. 8. Os/as xogadores/as inscritos/as no equipo son os/as únicos/as que poden participar no torneo.

  9. 9. Ningún/ha xogador/a competirá con máis dun equipo.

  10. 10. O día do torneo cada xogador/a deberá portar o seu DNI, ou documento que acredite a información dada na inscrición xa que este poderá ser requirido por calquera membro da organización.

  11. 11. O número de participantes en ningún caso excederá os 20 equipos en categoría masculina e 20 en categoría feminina. De ser así atenderase rigorosamente á orde de inscrición (a inscrición deberá estar confirmada co ingreso da cota).

  12. 12. Cada equipo ten asegurado xogar un mínimo de catro partidos.

  13. 13. A organización resérvase o dereito para suspender o torneo no caso de que non se inscribisen unha cantidade suficiente de equipos. Se así sucedese devolveríase a totalidade da cota de inscrición.

↑ Volver arriba ↑


Regulamento de xogo


  1. 1. Cada partido xogarase nunha soa canastra.

  2. 2. Cada equipo estará composto por 4 xogadores (3 xogadores en cancha e 1 substituto).

  3. 3. Cada equipo debe nomear un capitán que será o único representante válido para dirixirse aos árbitros ou membros da organización.

  4. 4. Un lanzamento de moeda determinará que equipo terá a primeira posesión. O equipo gañador do lanzamento de moeda poderá escoller xa sexa o beneficio da primeira posesión ao comezo do partido ou ao comezo dun posible tempo adicional.

  5. 5. O partido débese iniciar con tres xogadores de cada equipo en cancha.

  6. 6. Cada tiro dentro do arco de 6,75 terá un valor de 1 punto.

  7. 7. Cada tiro máis aló do arco de 6,75 terá un valor de 2 puntos.

  8. 8. Cada tiro libre anotado terá un valor de 1 punto.

  9. 9a. Nos partidos da fase de grupos e os cruces ata semifinais o xogo será a 21 puntos. Se en 10 minutos a tempo corrido (parando o reloxo unicamente durante o último minuto) ningún equipo chegase aos 21 puntos, darase por gañador ao equipo que leve máis puntos nese momento. O empate resolverase con tiros libres ao fallo lanzando alternativamente todos os xogadores dos dous equipos.

  10. 9b. Nos partidos de semifinais, final, terceiro e cuarto posto e final B o xogo será a 21 puntos. Se en 15 minutos a tempo corrido (parando o reloxo unicamente durante os dous últimos minutos) ningún equipo chegase aos 21 puntos, darase por gañador ao equipo que leve máis puntos nese momento. O empate se resolverá cunha única prórroga de 2 minutos a reloxo parado e de persistir a igualdade, con tiros libres ao fallo lanzando alternativamente todos os xogadores dos dous equipos.

  11. 10. Un equipo perderá o partido por "Incomparecencia" se á hora fixada para o inicio non se presenta con 3 xogadores listos para xogar.

  12. 11. Se lanzará 1 tiro libre por faltas cometidas durante a acción de tiro dentro do arco de 6,75 mentres que por aquelas faltas cometidas durante a acción de tiro fóra do arco de 6,75 se lanzarán 2 tiros libres.

  13. 12. Se lanzará un tiro libre adicional por faltas cometidas durante a acción de tiro seguidas dunha canastra de campo anotada.

  14. 13. A partir da cuarta falta de equipo todas as faltas se sancionarán cun tiro libre e posesión de balón agás se a falta vai seguida de canastra de campo anotada; neste caso se lanzará un tiro libre pero a posesión de balón cambiará de bando.

  15. 14. As faltas antideportivas serán penalizadas con dous tiros libres e a posesión do balón para o equipo sobre o que recaia a falta.

  16. 15. Os xogadores serán eliminados ao cometer a súa cuarta falta persoal. O xogo pode continuar ata que un dos equipos quede cun só xogador.

  17. 16. Despois de cada cambio de posesión, rebote defensivo ou balón recuperado, o balón deberá saír máis aló da liña de 6,75 antes de poder anotar. Se anotasen sen saírse, a canastra será sumada no marcador do equipo contrario e a posesión sería para este mesmo equipo.

  18. 17. Despois de cada canastra o balón cambia de posesión e se inicia o xogo desde detrás da liña de tres puntos.

  19. 18. A posesión do balón outorgada a calquera equipo logo dunha situación de balón morto deberá iniciarse desde detrás do arco de 6,75.

  20. 19. As loitas supoñen, sempre, a posesión do balón para o equipo que defendía.

  21. 20. Non xogar de forma activa (ex. non tratar de anotar) será considerado como unha violación e a posesión cambiará de equipo.

  22. 21. Se poderán realizar substitucións cando o balón estea parado. O substituto pode entrar ao partido logo de que o seu compañeiro de equipo estableza contacto físico con el e salga da cancha. As substitucións non requirirán acción algunha por parte dos árbitros ou oficiais de mesa.

  23. 22. Para a clasificación da fase de grupos, en caso de empate a vitorias, se aplicarán as seguintes regras:
  24.      a. En caso de empate entre 2 equipos se mirará o resultado entre ambos.
  25.      b. En caso de empate entre mais de dous equipos:
  26.           i. Basketaverage: diferenza de puntos nos partidos entre os equipos implicados.
  27.           ii. Maior número de puntos a favor nos partidos entre os equipos implicados.
  28.           iii. Basketaverage: diferenza de puntos en tódolos partidos do grupo.
  29.           iv. Maior número de puntos a favor en tódolos partidos do grupo.

  30. 23. A organización declina calquera responsabilidade sobre lesións producidas ao longo do torneo. A capacidade de asistencia sanitaria non será máis que aquela que o propio pavillón posúa.

  31. 24. Calquera acompañante (xa sexa familiar ou amigo, dalgún dos xogadores), que non participe no torneo, deberá permanecer nas bancadas non permitíndoselle a entrada ás pistas.

  32. 25. Se algún árbitro ou membro da organización observa calquera comportamento antideportivo e/ou irrespetuoso nun ou varios xogadores dun equipo (ou ben nos acompañantes deste mesmo equipo) cara a algún árbitro, xogador, membro da organización ou de instalacións, poderá sancionar coa súa eliminación da competición ao devandito equipo.

  33. 26. O incumprimento de calquera das normas antes citadas (xa sexa por parte dalgún xogador ou acompañante) poderá ser sancionado coa eliminación do equipo da competición.

  34. 27. Calquera cuestión que non aclare este regulamento se resolverá de acordo ao regulamento FIBA.

↑ Volver arriba ↑


Política de privacidade e protección de datos


Os datos recollidos a través do formulario de inscrición serán utilizados única e exclusivamente con fins deportivos e administrativos e para asegurar o correcto funcionamento do torneo. Esta información quedará rexistrada na base de datos do Club Baloncesto Sarria podéndose acceder a ela para a súa modificación ou eliminación a través do envío dun correo electrónico á dirección: cbsarria@cbsarria.com. Ningún dos datos proporcionados será facilitado a terceiros.

↑ Volver arriba ↑


Apúntate agora

Non o penses mais e inscríbete xa:
Me apunto!!!

Tes algunha pregunta ou comentario?

Se queres resolver algunha dúbida ou realizar calquera comentario podes enviarnos un mail a: cbsarria@cbsarria.com. Responderémoste tan pronto como sexa posible.

Organizadores Club Baloncesto Sarria Concello de Sarria

c. b. sarria

organiza

cbsarria.com | Club Baloncesto Sarria

Email: cbsarria@cbsarria.com | Móbil: 625624538

Rúa do Peregrino, 50 - 27600 - Sarria (Lugo)