Torneo de Baloncesto 3x3 Noite Meiga Club Baloncesto Sarria Concello de Sarria Circuíto Galego 3x3 Streetball Torneo de Baloncesto 3x3 Noite Meiga

O Club Baloncesto Sarria e o Concello de Sarria organizan un ano máis o tradicional torneo 3x3 de baloncesto "Noite Meiga 2017"


Novidades

Este ano teremos por primeira vez categoría feminina, o torneo está incluído no Circuíto Galego 3x3 Streetball e facemos coincidir o evento coa tradicional Noite Meiga. Que máis se pode pedir, primeiro baloncesto e logo festa rachada!!!


Colaboradores Cervezas Ambar Cristo Galicia Panadería Pallares Tiro Libre SCQ

Mais de 1.500 € en premios!!!

Repartiremos importantes premios entre os primeiros clasificados das categorías masculina e feminina, o gañador do concurso de triplas, etc.


Paella xigante para todos os participantes!!!

Como en edicións anteriores, prepararémosvos unha monumental paella para que repoñades forzas para os partidos da tarde.


Non te despistes ou quedas sen xogar!!!

O número de participantes estará limitado a 20 equipos en categoría masculina e 20 en categoría feminina.


Cando e onde será?

O torneo terá lugar o vindeiro sábado 26 de Agosto a partir das 10:00 no Novo Pavillón do Chanto. Día de festa en Sarria pola celebración da tradicional Noite Meiga. Baloncesto seguido de troula!!!


Data:
Sábado 26 de Agosto

Hora:
A partir das 10:00

Lugar:
Novo Pavillón do Chanto
Rúa Castelao, s/n - Sarria (Lugo)
Ver mapa


Ocultar Mapa | Ver mapa en Google

A ter en conta


  1. - Para participar no torneo é imprescindible a inscrición do equipo e o pago dunha cota de 40 ou 50 € en función da data de inscrición (antes do sábado 19 de Agosto son 40 € e de aí ata o final do prazo de inscrición serían 50 €).

  2. - O prazo para realizar o pago da cota finaliza o xoves 24 de Agosto ás 14:00 horas.

  3. - Os equipos estarán formados por un mínimo de tres e un máximo de catro xogadores/as. A idade mínima esixida para participar como xogador/a no torneo é de 15 anos e na categoría masculina permítense equipos mixtos.

  4. - Cada equipo ten asegurado xogar un mínimo de catro partidos.

  5. - O número de participantes en ningún caso excederá os 20 equipos en categoría masculina e 20 en categoría feminina. De ser así atenderase rigorosamente á orde de inscrición (a inscrición deberá estar confirmada co ingreso da cota).

  6. - Contamos con seguro de accidentes con asistencia sanitaria ilimitada.

  7. - O día do torneo cada xogador/a deberá portar o seu DNI, ou documento que acredite a información dada na inscrición xa que este poderá ser requirido por calquera membro da organización.

  8. - Tódolos/as xogadores/as do mesmo equipo están obrigados a vestir con camisetas da mesma cor.

  9. - A organización resérvase o dereito a suspender o torneo no caso de que non se inscribisen unha cantidade suficiente de equipos. Se así sucedese devolveríase a totalidade da cota de inscrición.

Apúntate agora

Non o penses mais e inscríbete xa:
Me apunto!!!

Tes algunha pregunta ou comentario?

Se queres resolver algunha dúbida ou realizar calquera comentario podes enviarnos un mail a: cbsarria@cbsarria.com. Responderémoste tan pronto como sexa posible.

Organizadores Club Baloncesto Sarria Concello de Sarria

c. b. sarria

organiza

cbsarria.com | Club Baloncesto Sarria

Email: cbsarria@cbsarria.com | Móbil: 625624538

Rúa do Peregrino, 50 - 27600 - Sarria (Lugo)